|
Segunda victoria, tamen axustada |
|
|
|
|
Mércores, 21 Outubro 2009 07:46 |
|
A segunda xornada da 1ª División Masculina deparou un emocionante encontro na Municipal de Rianxo, enfrontabámonos ó San Sadurniño, un equipo que ven experimentando unha melloría considerable no seu xogo dun tempo a esta parte.
O pimeiro set cedeuse despois de ir gañando por 24 - 21, pero conseguimos repoñernos no segundo, igualando así o marcador. O 3º foi para Sansa, e xa no 4º e no 5º impuxemos o noso xogo definitivamente.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Primeiro partido, primeira victoria |
|
|
|
|
Martes, 13 Outubro 2009 15:23 |
|
Disputadisimo foi o derbi celebrado esta fin de semana en Boiro entre o CV Boiro e o CV ARQO Rianxo. Pola nosa parte notouse que ainda non estamos o suficientemente rodados e isto nos levou a cometer erros moi graves sobre todo en recepción. Finalmente, e despois de loitar moito, puidemonos levar o partido cun resultado de 2-3 ó noso favor.
|
|
Ler máis...
|
|
EMEVE Lugo 3 - ARQO Rianxo 1 |
|
|
|
|
Luns, 05 Outubro 2009 11:50 |
|
Este fin de semana deparoulle o equipo Senior Masculino a viaxe para afrontar o partido de volta da Copa fronte o EMEVE de Lugo. Oito xogadores se desprazaron ata Lugo para xogar o Sábado pola mañá. Ó igual ca a semana anterior comezouse ben o partido, gañando o primeiro set, axudado polos erros en saque do rival, o segundo set foi claramente para o EMEVE. No terceiro veuse moitisima igualdade e acabouse cedendo por 26-24. Xa no último, despois da lesión de Octavio, o equipo lugués impuxo o seu dominio e acabouse levando o partido.

|
|
Ler máis...
|
|
Derrota na casa fronte o EMEVE |
|
|
|
|
Martes, 29 Setembro 2009 09:27 |
|
Notouse ben neste primeiro partido de temporada que os 2 equipos aínda están a levar a cabo a súa preparación para afrontar a Liga. O partido estivo marcado por erros en recepción e ataque pola nosa parte, pola parte do EMEVÉ vese que están a coller soltura para a temporada regular.
|
|
Ler máis...
|
|
Primeiro partido da temporada |
|
|
|
|
Martes, 01 Setembro 2009 11:39 |
|
O próximo Sábado día 26 de Setembro terá lugar o primeiro encontro desta temporada que enfrontará ó noso equipo fronte ó EMEVE de Lugo que milita en Liga FEV, nun partido que realmente pertence a competición da temporada pasada, ó estar encadrado dentro da competición da Copa galicia 2009.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 11 |